Información para os/as corredores/as
Que teño que facer para participar?

Antes da carreira

1
  • Sae á procura de patrocinadores
  • Calquera pode converterse no teu patrocinador/a!
  • Cóntalles aos teus pais, avós, tíos, veciños e amigos o que aprendiches nas charlas de Acción contra a Fame e pídelles que se comprometan a achegar unha pequena cantidade de diñeiro (por exemplo, 20 cts., 50 cts., 1 €, 2 € ou 5 €) cada vez que deas unha volta o día da Carreira. 
  • Apunta esta información na táboa de patrocinio do teu pasaporte solidario. 
  • Podes ter tantos patrocinadores como queiras!
  • Aliméntate correctamente e adestra moito para conseguires dar moitas voltas o día da Carreira. 

O día da carreira

2
  • Agora tócache a ti percorreres a maior distancia posible.
  • Lémbrate de vestires roupa deportiva, hidratarte ben e protexerte do sol.
  • A Carreira contra a Fame é unha carreira de resistencia, o importante é percorrer a maior distancia posible. Non importa se non es rápido, o importante é ter ganas de axudar e ser solidario. 
  • Se te cansas, podes parar uns intres para beber auga e continuar camiñando.

 

Ánimo, valo facer moi ben!

Despois da carreira

3
  • Apunta no teu pasaporte solidario o número total de voltas que conseguiches dar e pídelles aos teus patrocinadores que che entreguen o diñeiro conseguido grazas ao teu esforzo. 
  • Entrégalle todo o diñeiro ao teu profesor/a para que poida dárnolo e poidamos usalo nos nosos proxectos para axudar moitos nenos. 
  • Lembra que calquera doazón, por pequena que sexa , é moi importante para nós.

Grazas!

Información para familiares e patrocinadores

Información para familiares e patrocinadores

Grazas por apoiar na loita contra a desnutrición infantil!

  • Para te converteres en patrocinador/a dalgún/dalgunha alumno/a participante na Carreira contra a Fame, só tes que te comprometer a doar unha pequena cantidade de diñeiro cada vez que o/a corredor/a consiga darlle unha volta ao circuíto. Así, cantas máis voltas dea, maior será a túa axuda.
  • Anima os máis pequechos a que consigan moitos patrocinadores coma ti na súa contorna e a que adestren e leven unha alimentación saudable para correr máis voltas o día da Carreira. Despois, entrégalles a suma prometida multiplicada polo número de voltas que consigan percorrer. Non existen doazóns pequenas, cualquera axuda é moi importante para nós

Ten fillos ou amigos pequenos a estudar nunha desas escolas? Patrocíneos!

Grazas a xente como vostede, nos últimos 5 anos temos axudado 42 millóns de persoas cun equipo de 7100 profesionais humanitarios.

emerxencias

Intervimos en 100 emerxencias

Desnutrición

Tratamos 2 millóns de nenos con desnutrición aguda

Seguridade Alimentaria

Facilitásmolles alimentos e medios de vida a máis de 12 millóns de persoas

Auga e saneamento

Proporcionámoslles agua e saneamento a 28 millóns

Uso dos recursos de 2016

  • Proxectos
  • Recadación de fondos e comunicación
  • Administración
Moitas grazas polo teu apoio!

Sobre o certificado de doazón

Todas aquelas persoas que o desexen poden solicitar o seu certificado de doazón, que recibirán automaticamente unha vez transmitidos os seus datos aos ficheiros do Ministerio de Facenda. Ponte en contacto coa persoa que coordina a Carreira contra a Fame no teu centro educativo para que nos transmita os teus datos.

 

Máis información sobre a súa doazón en:

contacto

O noso equipo de expertos responderalle o antes posible.