Qué é

É un proxecto internacional, pedagóxico, solidario e deportivo que calquera centro escolar pode pór en funcionamento de forma sinxela. Un proxecto clave en man con custo 0 para os establecementos escolares que permite reunir os seus alumnos á volta dun mesmo proxecto solidario e dun mesmo fin: que ningún neno do mundo morra de fame.

Acción contra a Fame proporciónalle gratuitamente a cada centro participante todas as ferramentas e materiais necesarios para organizar esta actividade correctamente.

O centro escolar escolle o idioma dos materiais.

ca Catalán
es Español
eu Vasco
fr Francés
gl Galego
en Inglés

3 momentos clave

1

sensibilización

Marzo-abril

Un representante de Acción contra a Fame acode ao teu centro escolar para traballar a problemática da fame na aula cos teus alumnos. A través dunhas dinámicas definidas para cada idade e dunha hora aproximada de duración, os máis pequenos achegaranse a outras realidades diferentes á deles e xa poderán saír a procurar «patrocinadores»: persoas da súa contorna que se comprometan a achegar unha pequena doazón por cada volta que consigan percorrer o día da Carreira contra a Fame. 

2

Carreira

18 de maio de 2018

Organizado polo teu centro escolar, o día da Carreira vívese dunha maneira moi especial. É o momento de percorrer a maior distancia posible para multiplicar a axuda e celebrarmos xuntos a solidaridade e a cooperación.  

3

Fin de curso

Xuño

As actividades programadas para celebrar o final do curso son un bo momento para recalcar a importancia de incluír proxectos solidarios ao longo do curso e para explicar o que os alumnos aprenderon grazas á posta en marcha desta actividade. Tamén é un momento ideal para proporcionarlles aos alumnos e familiares información sobre o resultado conseguido e sobre o uso e destino dos fondos aos proxectos de Acción contra a Fame.  

Hábitos de vida saudables, deporte, nutrición e valores

Impulsamos o espírito de solidariedade entre os máis novos e fomentamos hábitos saudables a través da nutrición e do deporte. Promovemos valores como a igualdade, a xustiza, a dignidade, a liberdade, a integridade, a profesionalidade e o respeto aos Dereitos Humanos.

A Carreira contra a Fame pretende construír unha sociedade máis comprometida coas causas sociais e formúlase como un desafío persoal para os alumnos que conformarán a próxima xeración de mozos capaces de acabar coa fame. Eles serán os que aseguren a sustentabilidade, o desenvolvemento social, ambiental e económico do mundo.

Resultados última edición

PARTICIPACIÓN XXIV EDICIÓN 2017

En España
máis de 140.000 estudantes en solidariedade
máis de 300 escolas participantes
gañou máis de 800.000 euros
En todo o mundo
máis de 400.000 estudantes en solidariedade
máis de 1.600 escolas participantes
gañou máis de 5.000.000 de euros