Quen somos

Acción contra a Fame é unha organización humanitaria internacional que loita contra as causas e os efectos da fame. Salvamos a vida de nenos e nenas desnutridos. Garantimos acceso a auga segura, alimentos, formación e coidados básicos de saúde. Facemos posible que nenos, mulleres e homes se liberen da ameaza da fame.

Axuda a…

Axuda a…
15 millóns de persoas
en 50 países

POLA ALIMENTACIÓN.
POLA AUGA
POLA SAÚDE.
POLA NUTRICIÓN.
POLO COÑECEMENTO.
POLA INFANCIA.
POLOS POBOS.
POR TODOS/AS.
POR SEMPRE.
POLA ACCIÓN.
CONTRA A FAME

Por que somos únicos?

Somos expertos en nutrición. Contamos cun sólido equipo técnico que liderou grandes avances na loita contra a desnutrición nos últimos 40 anos. As nosas investigacións son avaladas por un comité científico internacional de recoñecido prestixio.

Formamos parte dunha rede internacional activa en máis de 50 países dos cinco continentes.

Traballamos cun enfoque integrado que combina accións desde todos os nosos campos técnicos para loitar contra a fame (quer contra as súas consecuencias, quer contra as súas causas): a nutrición, a saúde, a agricultura e os medios de vida, a xestión de riscos ante desastres, a auga, o saneamento, a hixiene…

Contamos cun Equipo de emerxencia listo para ser mobilizado en menos de 24 horas a calquera parte do mundo.

Intervimos quer en emerxencias, quer en desenvolvemento. Seguimos apoiando as persoas despois da crise.

Traballamos cos gobernos e socios locais para integrar o noso traballo nas súas políticas e institucións, ampliar o alcance dos nosos proxectos e dotalos de sustentabilidade.

Contamos con mecanismos de transparencia que permiten facer o seguimento de cada euro investido na nosa organización.

Por que somos humanitarios?

Traballamos para aliviar o sufrimento das persoas ameazadas pola fame, sexan quen foren, estean onde estiveren, custe o que custar, no curto, medio e longo prazo. Onde queira que actuemos respectamos estes principios:

INDEPENDENCIA

As nosas intervencións non obedecen a políticas nacionais nin internacionais, nin responden aos intereses de ningún goberno. Actuamos de conformidade cos nosos propios principios para preservar a nosa independencia moral e económica.

NEUTRALIDADE

Unha vítima é sempre unha vítima. Mantemos unha estrita neutralidade política e relixiosa. Non obstante, sempre denunciaremos as violacións de dereitos humanos e os obstáculos interpostos á acción humanitaria.

TRANSPARENCIA

En Acción contra a Fame actuamos con total transparencia. Proporcionámoslles aos nosos socios, doadores e beneficiarios información clara sobre a asignación e utilización dos nosos fondos e ofrecemos garantías de boa xestión.

ACCESO LIBRE E DIRECTO ÁS VÍTIMAS

Demandamos acceso libre ás vítimas e control directo dos nosos propios programas. Denunciamos e intervimos contra calquera obstáculo que o impida. Verificamos a asignación dos nosos recursos para garantir que chegan ás persoas adecuadas. En ningún caso as organizacións con que nos asociamos se tornarán en beneficiarias finais dos nosos programas.

NON DISCRIMINACIÓN

Rexeitamos toda discriminación por razón de sexo, raza, etnia, relixión, nacionalidade, ideoloxía ou clase social.

PROFESIONALIDADE

Comprometémonos a traballar coa máxima profesionalidade en todos os aspectos dos nosos programas, desde o seu deseño ata a súa execución, pasando pola xestión e a avaliación. Construímos sobre anos de experiencia e procuramos a mellora constante.

TRABALLAMOS POLA

NUTRICIÓN E A SAÚDE

Traballamos polo diagnóstico, o tratamento e a prevención da desnutrición, concentrándonos nos máis propensos a padecela: os nenos e nenas menores de cinco anos. Traballamos xunto ás mulleres embarazas, as nais e os pais nos coidados de saúde da familia. Facémolo a través de programas de recuperación nutricional, enquisas nutricionais, seguimento epidemiolóxico, fomento da lactancia materna, diversificación da dieta, coidados básicos de saúde, programas de suplementos nutricionais, recuperación da nutrición en desastres e situacións traumáticas.

A SEGURIDADE ALIMENTARIA E OS MEDIOS DE VIDA

Reforzamos a agricultura, a gandaría, a pesca e outras actividades para producir máis alimentos de maneira sustentable ou xerar o diñeiro necesario para compralos.

O obxectivo é asegurar unha alimentación adecuada a nivel familiar en calquera momento. A distribución de sementes e apeiros, a formación en técnicas agrícolas ou a posta en marcha de actividades xeradoras de ingresos son algunhas das nosas intervencións.

A AUGA, O SANEAMENTO E A HIXIENE

Facilitamos o acceso a auga segura e saneamento e hixiene básicos para evitar a aparición de doenzas relacionadas coa desnutrición. Construímos pozos e redes de auga, levantamos latrinas e infraestruturas de saneamento, promovemos as técnicas básicas de hixiene e facilitamos as ferramentas para poder garantila.

A EMPREGABILIDADE E O EMPREGO INCLUSIVOS

Axúdanos a acceder a oportunidades de emprego e emprendemento para as persoas en risco de exclusión. Facémolo desenvolvendo o autocoñecemento, a autoestima e a formación das persoas en competencias tan importantes como a comunicación ou o traballo en equipo.

A RESILIENCIA E A PREVENCIÓN DO RISCO ANTE DESASTRES

Promovemos a capacidade de absorción, adaptación e transformación das persoas ante as crises, para diminuír a súa exposición ante desastres, naturais ou provocados polo home. Para isto, desenvolvemos sistemas de alerta temperá, plans de xestión de riscos e de continxencia e de desenvolvemento, con orzamentos locais que integren a xestión de riscos. Tamén apoiamos a construción de infraestruturas adaptadas aos sismos ou inundacións e promovemos técnicas agrícolas de produción adaptadas á seca.

Pola
acción

TRABALLAMOS CONTRA OS EFECTOS E AS CAUSAS DA FAME

OS CONFLITOS

Provocan o desprazamento masivo de persoas que quedan desprovistas de auga e alimentos, e abandonan as súas terras e medios de vida.

Os desastres naturais

Golpean máis os países máis ameazados pola fame porque están máis expostos ás mudanzas climáticas e menos preparados para facerlles fronte. O 95 % das vítimas de desastres naturais viven en países en desenvolvemento.

A pobreza

O 98 % das vítimas de desastres naturais viven en países en desenvolvemento. Pobreza e fame conforman un círculo vicioso, xa que os nenos desnutridos terán no futuro menos capacidades de traballar para o seu país.

A exclusión social

A falta de acceso ao emprego digno ou á posibilidade de emprender un negocio propio poñen en risco os sectores máis vulnerables da poboación, e dificultan os seus medios de vida.

MUDAMOS VIDAS

Grazas a persoas coma ti, nos últimos 5 anos axudámoslles a 42 millóns de persoas cun equipo de 7100 profesionais humanitarios.

Pola saúde

Promovemos hábitos saudables a través da nutrición e do deporte.

Polo deporte

Combatemos o estilo de vida sedentario e fomentamos a práctica do deporte.

Pola solidariedade

Porque todos temos o poder transformador de mudar o mundo.

Pola educación en valores

Traballamos pola igualdade, xustiza, dignidade, respecto, liberdade, integridade, cooperación…

Transparency

De cada 10 €, 9 € están destinados aos nosos proxectos de cooperación e axuda humanitaria integramente.

Síguenos